Pedro Sánchez visitará o Luar e Bamboleo


Segundo veñen de confirmar fontes da CRTVG, o secreatrio xeral do PSOE no Estado Español, Pedro Sánchez visitaría os programas Luar e Bamboleo dentro da súa xira polas canles de televisión de todo o estado.

Imaxe filtrada do programa Bamboleo que se emitirá a próxima semana
Imaxe filtrada do programa Bamboleo que se emitirá a próxima semana

Ao parecer o político “socialista” xa tería grabada a súa intervención en bamboleo e acudiría este venres ao programa presentado por Xose Ramón Gayoso, no que incluso se atrevería a facer un cameo con Mucha e Nucha.

Desde a executiva federal do PSOE, non confirman nin desminten ditas informacións, aínda que unha fotografía xa foi filtrada nos últimos días, na que se lle ve acompañado de SuperPiñeiro no seu programa de variedades.

O PSOE segue así coa súa estratexia de acaparar votos das clases populares mediante as aparicións televisivas do seu líder. Esta estraxia comezaba na pasada semana na que Pedro Sánchez participou no Hormiguero e chamaría telefonicamente a Sálvame en directo, para falar con Jorge Javier Vázquez sobre o Toro de la Vega.

Desta volta parece que se decide pola televisión pública galega para tentar calmar os ánimos dentro da súa simpatizancia galega, cansada de escandalos a nivel municipal como os das cidades de Vigo, Ourense ou Lugo.

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.