O DELEGADO DA XUNTA EN VIGO FAI ENTREGA DUNHA BANDEIRA DE GALICIA AO NOVO COMISARIO XEFE DO CORPO NACIONAL DE POLICÍA NA CIDADE

28022017_bandeiracnp2Vigo, 28 de febreiro de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, achegouse esta mañá ata a Comisaría do Corpo Nacional da Policía de Vigo-Redondela para facer entrega dunha bandeira de Galicia ao novo Comisario Xefe, Manuel Teijeiro Sande.

 

Nun acto protocolario e coma continuación ao encontro institucional que ambos mantiveron hai unhas semanas na Delegación da Xunta, López-Chaves deu resposta á petición que o propio comisario lle fixo no transcurso desa primeira reunión, onde lle solicitou unha bandeira da Comunidade Autónoma.

 

Hoxe, levouse a cabo ese acto e Teijeiro Sande agradeceu a “dilixencia” e “sensibilidade” do Goberno galego por aceptar o encargo. Na súa intervención, o delegado puxo de manifesto a recíproca vontade de colaboración e a importancia da cooperación entre os corpos e forzas de seguridade do Estado ademais de agradecer aos membros do Corpo Nacional de Policía “o traballo que fan durante os 365 días do ano”.

 

O responsable da Administración autonómica na área territorial aproveitou para coñecer aos mandos que acompañan ao novo comisario nesta nova etapa e que tamén estiveron presentes durante a entrega e colocación da nova bandeira de Galicia na Comisaría de Vigo.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja un comentario