Concello de Vigo

O Concello adopta medidas de porosidade a favor dos peóns sen dificultar o tráfico

O alcalde avanzou esta mañá que o Concello traballa «nun proceso activo de facer a cidade máis porosa para os peóns, sen dificultar o tráfico dos vehículos». Entre outras medidas, referiuse á instalación nos últimos meses de 12 semáforos, pintado de novos pasos de peóns, graduar ven as ondas verdes, así como facilitar a circulación de motos.

 


Vigo acollerá un proxecto didáctico expositivo sobre o impacto do plástico nos océanos

O Concello participará na proposta multidisciplinar «Out to Sea. The Plastic Garbage Project», impulsada pola Fundación Barrié xunto á empresa Desoños, un proxecto «educativo e de concienciación ecolóxica», segundo apuntou o alcalde de Vigo, para visualizar os efectos negativos dos plásticos en mares e océanos.

 


O goberno de Vigo cooperará nunha campaña de atención cardiolóxica dirixida ás mulleres

Impulsada polo Servizo de Cardioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, a campaña «As Mulleres Temos Corazón» presentarase próximamente e contará coa participación «activa» do Concello, en verbas de Abel Caballero, para promover a atención e revisión cardiolóxica das mulleres.

 


Caballero anima a encher as Travesas para apoiar ao Mosteiro Bembrive contra o FC Barcelona

Este mércores, ás 21 horas, o pavillón municipal das Travesas acollerá a eliminatoria de oitavos de final da Copa do Rei de fútbol sala entre o Mosteiro Bembrive FS, de 2ª división B, e o Fútbol Club Barcelona, da máxima categoría. O alcalde felicitou ao club vigués polo xa conseguido e animou á cidadanía a gozar do espectáculo.

 


«CAFÉS LITERARIOS»

O Club de lectura do Centro de Documentación e Recursos Feministas programa para o mércores 26 de novembro, ás 18 horas una sesión de cafés literarios no que se abordará a novela «La vieja sirena», de José Luís Sampedro. A relatora será Elena Ocampo, xornalista.
Se tes interese en formar parte do «grupo estable» podes inscribirte persoalmente no CDRF ou no tfno. 986 22 90 74

 


O MARCO organiza un Obradoiro de Artes Escénicas

Cláudia Dias dirixirá o Obradoitro de Artes escneícas que se celebrará no MARCO do 25 ao 28 de novembro e destinado a estudantes e profesionais de artes escénicas, Belas Artes e disciplinas afins.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja un comentario