O CETMAR E OS SEUS SOCIOS NO PROXECTO OYSTERECOVER ORGANIZAN EN HOLANDA UN TALLER INTERNACIONAL SOBRE A PRODUCIÓN EN CRIADEIRO DE OSTRA PLANA

  • cetmarvigoO obxectivo é que o obradoiro funcione como foro aberto de discusión e con forte participación do sector para trazar liñas de traballo prioritarias para o futuro inmediato e identificar posibilidades de colaboración

Vigo, 27 de xaneiro de 2013.- A produción de semente de ostra plana (Ostrea edulis) en criadeiro é o eixo central dun taller que terá lugar na localidade holandesa de Yerseke o vindeiro 31 de xaneiro, organizado polos socios do proxecto europeo Oysterecover, que coordina o Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR.

Este obradoiro específico contará coa participación de reputados científicos expertos na materia así como de outros produtores alleos ó proxecto Oysterecover. O obxectivo é que funcione de foro aberto de discusión e con forte participación do sector para trazar liñas de traballo prioritarias para o futuro inmediato e identificar posibilidades de colaboración.

Esta iniciativa, financiada polo Sétimo Programa Cadro, conta coa participación de quince organizacións europeas, entre elas outras catro de Galicia, como é o caso do Centro de Investigacións Mariñas-CIMA, da Universidade de Santiago de Compostela, da Confraría de Pescadores de Noia e da empresa depuradora José María Daporta Leiro e Hijos.

Proxecto Oysterecover
O principal obxectivo deste proxecto que lidera a Fundación CETMAR é contribuír á recuperación da produción de ostra plana mediante a utilización de ferramentas biotecnolóxicas que permitan, no futuro, a obtención de estirpes resistentes á bonamiose.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja un comentario