O Concello de Ourense pecha o centro da muller de O Couto, a Marcha Mundial das Mulleres xa está en pé
O Concello de Ourense pecha o Centro Municipal de Información á Muller (CIMM) na rúa do Ensino debido á elevada presenza de gas radón, trasladando o servizo a oficinas compartidas na Praza de San Martiño. Para o goberno municipal, semella que a loita contra as violencias machistas non é unha prioridade.