Martes 30 Abril 2024

Galicia amence tinguida de branco logo da primeira nevada do ano

A masa de aire ártico seguirá sobre Galicia 24 horas máis e mantén a cota de neve nos 400 metros. O sábado as temperaturas melloran

A masa de aire frío ártico permanecerá sobre Galicia durante unhas 24 horas máis, o que propiciará que sigan os chuvascos de neve en cotas de entre 400 e 600 metros, aínda que estas irán subindo ao longo da xornada.

Diso informou o servizo de Meteogalicia, que traslada que o ceo estará parcialmente cuberto e haberá tamén chuvascos localmente fortes que poderían chegar acompañados de saraiba.

Publicidade

As temperaturas seguirán en descenso, máis acusado o día; e o vento soprará forte do noroeste no litoral e zonas de montaña, frouxo no interior pola mañá e aumentando a moderado pola tarde.

O litoral galego segue en alerta laranxa, con ondas por encima dos 6 metros e vento forte do noroeste.

O descenso das temperaturas e a masa de aire frío xa deixou imaxes de neve nas últimas horas, sobre todo nas zonas de montaña de Lugo e Ourense.

https://twitter.com/MeteoGalicia/status/1615609532989726722

Aínda que tamén houbo acumulacións en zonas do interior da comunidade, e a cidade de Lugo, por exemplo, espertouse cos tellados brancos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha masa de aire polar cobre de neve Pedrafita do Cebreiro

Unha borrasca situada ás illas Británicas enviará unha nova fronte fría a Galicia que descenderá a cota ata os 900 metros

Os días de neve nas montañas de Lugo e Ourense reduciranse á metade a finais de século

O meteorólogo Benito Fuentes analiza o impacto do quecemento global sobre as estacións de esquí, con Cabeza de Manzaneda como a única de Galicia

Volve o inverno e cobre media Galicia de neve

Unha masa de aire polar activa a alerta amarela en boa parte do país, con cotas de neve por debaixo dos 400 metros

A borrasca Gérard pon Galicia en alerta por chuvias, vento e neve en zonas de montaña

A situación máis adversa virá da man de Fien, que entrará este martes polo noroeste peninsular e provocará un forte descenso das temperaturas