A vacina española de HIPRA entra na fase de ensaios clínicos

Contarase coa participación de 3.000 voluntarios maiores de 16 anos e coa colaboración de 17 hospitais españois, dous portugueses e un italiano

Á nomina de vacinas que se están xestando para combater a pandemia é preciso sumar un novo nome: HIPRA. A empresa española recibe hoxe boas noticias, despois de que a Agencia Española de Medicamentos e Productos Sanitarios (AEMPS) autorizara o inicio da fase III de ensaios clínicos. É dicir, a etapa definitiva. Para iso, contarase coa participación de 3.000 voluntarios maiores de 16 anos e coa colaboración de 17 hospitais españois, dous portugueses e un italiano. Segundo informa a Agencia SINC, comprobarase a seguridade e eficacia desta nova vacina como dose de reforzo para outras pautas de vacinación primarias. Un paso previo para que a Axencia Europea de Medicamentos (EMA) dea o seu visto bo.

Máis polo miúdo, as persoas que vaian participar no ensaio teñen que ter unha ou dúas doses das vacinas autorizadas de Pfizer, Moderna, AstraZeneca, Janssen ou combinadas, como mínimo hai tres meses. E a todos os participantes se lles fará un seguimento de 52 semanas, aínda que se poderán obter datos relevantes antes dese prazo. Ademais, o estudo será avaliado polo Comité de Ética do Hospital Clínic de Barcelona e pola AEMPS.

Publicidade

Boa resposta inmunitaria

Por outra banda, durante o deseño desta vacina xa se tiveron en conta as diferentes variantes, ofrecendo unha boa resposta inmunitaria na fase preclínica. Ademais, os datos apuntan a unha protección axeitada fronte a ómicron. A diferenza doutro tipo de inxeccións, esta consérvase entre dous e oito grados centígrados e non precisa de ningún tipo de preparación.

A ministra de Ciencia e Innovación, Diana Morant, destacou onte que esta vacina, ao estar baseada nunha plataforma de recombinación de varias proteínas, “pode ir adaptándose ás distintas variantes”. As previsións de HIPRA, con sede en Girona, é que a inxección estea lista antes do verán. En 2022, a farmacéutica terá unha capacidade produtiva de 600 millóns de doses, segundo os seus cálculos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha rara especie de cetáceo vara na ría de Vigo

A CEMMA recolle mostras para analizar un exemplar de 'Kogia breviceps', un animal que non adoita frecuentar as augas galegas

Un equipo de Santiago descobre unha nova terapia contra un cancro agresivo de tiroides

Un estudo do CiMUS publicado na revista 'Nature Communications' elimina de forma selectiva as células cancerosas sen danar as sas

Informes dunha catástrofe: a tormenta perfecta que condenou o marisco en 2023

A baixa salinidade producida polos temporais de outono estragou un marisco vulnerado polas subidas das temperaturas do mar

A Xunta publica o mapa de zonas de baño de Galicia: estas son as 39 praias non aptas

O último control microbiolóxico realizado pola Xunta identificou unha trintena de espazos marítimos e continentais con clasificación sanitaria insuficiente