Domingo 28 Abril 2024

Así se seguirán en Galicia os contactos das persoas infectadas polo coronavirus

A Consellería de Sanidade activa a plataforma tecnolóxica para previr posibles rebrotes cun equipo inicial de 20 operadores

Desde este luns, Galicia conta cun equipo de 20 operadores preparado para comezar un dos alicerces da chamada desescalada, segundo os requerimentos do Ministerio de Sanidad nesta fase 1: a capacidade para localizar os contactos das posibles infeccións por Covid-19 e cortar así de maneira temperá os posibles rebrotes. Así o anunciou a Consellería de Sanidade, coa posta en marcha da plataforma tecnolóxica de seguimento coa que rastrexará e monitorizará os contactos destas persoas infectadas. O departamento sanitario da Xunta estima que este equipo de operadores, dedicado a contactar con estas persoas, superará os 50 profesionais nas vindeiras dúas semanas.

Sanidade explica que este sistema tecnolóxico de rastrexo empregado en Galicia para identificar posibles novos casos contará cun protocolo único, e encargarase de identificar e falar con cada unha das persoas que estiveran próximas a un caso positivo por Covid-19.

Publicidade

Procedemento

Segundo explica a consellería, tras unha consulta médica, presencial ou telefónica, na que o facultativo diagnostique ao paciente como caso sospeitoso de padecer a Covid-19, será solicitada unha proba PCR. Entón, a plataforma tecnolóxica activará unha enquisa inicial a esta persoa que presente síntomas da infección e, tras responder á mesma, pediranlle os datos daquelas persoas coas que puido ter mantido un contacto estreito, desde dous días antes do comezo dos síntomas até o momento do seu illamento.

No caso de que o resultado da proba PCR sexa positiva, solicitáraselle aos contactos que garden corentena durante 14 días desde o último contacto con esta persoa. Así mesmo, comezaría un seguimento diario sobre a posible aparición de sintomatoloxía compatible coa Covid-19 e, de agromar estes síntomas, derivarase ao seu médico. Os devanditos contactos pasarían a ser casos sospeitosos iniciando de novo o ciclo con solicitude de proba PCR, illamento e investigación de novos contactos.

Rastrexadores da Covid-19: o equipo que protexerá Galicia dos futuros brotes

O sistema de rastrexo será monitorizado diariamente por técnicos de Saúde Pública dos Servizos Centrais e das Xefaturas Territoriais, que avaliarán e controlán a calidade de todo o sistema, a validez da información e a resolución de incidencias. Do mesmo xeito, tamén colaborarán nas tarefas de seguimento os departamentos de Atención Primaria, principalmente nos casos confirmados, os servizos de Medicina Preventiva, naqueles casos nos que os pacientes estén ingresados, e os Servizos de Prevención de Riscos Laborais, no caso de producirse algún abrocho neste ámbito.

Desta forma, o Sergas levará a cabo unha vixilancia activa e diaria de tódolos contactos rexistrados podendo, grazas a identificación das súas necesidades específicas, achegar información máis axeitada para cada situación. Sanidade expón que “a plataforma tecnolóxica conta coa flexibilidade suficiente para adaptar a dotación de persoal dedicado especificamente a esta función”, de acordo ás necesidades que vaian xurdindo, e así, verse incrementado proporcionalmente ao número de casos sospeitosos notificados desde o sistema asistencial  ao longo do tempo en función da evolución da pandemia.

2 COMENTÁRIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Gripe H5N1: a próxima pandemia?

Unha variante do virus, presente dende 2020, está a causar mortalidades nunca vistas en aves, tanto domésticas como silvestres

Catarreira, friaxe, peleira… As 12 palabras galegas para referirse ao arrefriado

O proxecto ALGa do Instituto da Lingua Galega permite coñecer as variantes léxicas deste estado patolóxico

Detectado o virus de Crimea-Congo en carrachas do Bierzo: “Probablemente xa estea en Galicia”

Os expertos advirten que a enfermidade hemorráxica parece estar propagándose polo noroeste peninsular e urxen medidas para freala

O festival científico CinVigo encheu a Porta do Sol de ciencia e ilusión

Participaron máis de 220 alumnos de Secundaria, Bacharelato e FP que presentaron 58 proxectos na feira celebrada na cidade olívica