Venres 24 Maio 2024

O Seprona investiga a un cazador por matar e decapitar un lobo en Val do Dubra

Axentes do Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil adscritos ao posto de Corcubión abriron unha investigación contra un veciño da localidade coruñesa de Trazo por un presunto delito de caza non autorizada. O proceso iniciouse a raíz de que axentes medioambientais de Vimianzo puxeran en coñecemento da Garda Civil un vídeo no que se ve como un grupo de varios cazadores rodean o cadáver dun lobo. O caso coñécese meses despois da polémica batida de Friol, que se saldou coa morte dun can.


Cos datos recabados ata o momento, o Seprona confirmou que as imaxes foron gravadas o día 5 de febreiro, durante unha batida autorizada de raposo no municipio de Val do Dubra. O investigado é o suposto autor do disparo mortal. Amais, abriuse unha denuncia administrativa contra un segundo cazador que tamén disparou sobre o lobo.

Publicidade

No mesmo coto, detras dunhas matogueiras, os axentes do Seprona atoparon restos do animal, xa decapitado, polo que todo apunta a que os responsables da morte do animal levaron a cabeza para desecala, segundo as pesquisas da Garda Civil. O caso foi remitido ao Xulgado de Instrucción 3 de Santiago e á Xunta de Galicia, para que este ente tome as medidas administrativas oportunas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A iniciativa dun profesor universitario para frear a deterioración ambiental en Galicia

Óscar Briones pon o foco nos concellos e propón blindar o territorio para evitar o impacto negativo en zonas tensionadas como as Rías Baixas

A enerxía eléctrica foi a maior fonte de gases de efecto invernadoiro en Galicia en 2022

A actividade deste sector produciu 2,2 megatoneladas de emisións no territorio galego, cun forte impacto da empresa Repsol

O tempo cambiará de maneira radical en Galicia: volve a chuvia e caen as temperaturas 10 graos

A partir do luns, unha fronte fría asociada a unha borrasca atravesará a comunidade

A fronteira con Portugal é a área de Galicia con maior presenza do mosquito da malaria

O insecto leva anos na comunidade pero o parasito non está en circulación, polo que o risco de transmisión autóctona é baixo