O Concello reorganiza as feiras do 11 e o 23 para adaptalas á normativa publicada pola Xunta de Galicia, na que limita -até o vindeiro 4 de decembro nun principio- o aforo dos mercados ao aire libre.

Trala suspensión da feira do 23 de outubro desde o concello traballouse nunha alternativa que permitise seguir celebrando as nosas feiras con todas as garantías. Ademais de manter  as medidas establecidas no reinicio das feiras alá no mes de xuño, agora para cumprir co novo marco optouse por unha reorganización coa ampliación  do espazo útil dedicado aos postos para compensar a limitación estipulada pola Consellería de Sanidade, coa vontade de minimizar -na medida do posible- os prexuízos económicos que está a causar a crise sanitaria polo COVID-19 a este sector. Este cambio implica que non poderán acceder nin estacionar os vehículos nas zonas habituais no lateral ou no na parte inferior da nave do gando, xa que neste espazo se situará algún dos postos.

Pedímosvos a vosa colaboración no cumprimento das indicacións, lembrade tamén que é obrigatorio usar mascarilla, que debemos respectar as distancias, os grupos nunca serán de máis de 5 persoas e que ESTÁ PROHIBIDO TOCAR os produtos dos postos.

Non debemos esquecer que aínda que Moeche se atopa no nivel 0 (entre 0 e 7 casos) agora máis que nunca temos que actuar con responsabilidade para continuar no bo camiño.