Este curso fixemos un pequeno proxecto sobre os indios americanos, vimos vídeos sobre como vestían, como se adornaban, como bailaban, como cantaban.
Consultamos libros da biblioteca para ver os seus costumes.
Vimos o conto do “Indio Hiawatha” e gustóunos tanto que fixemos unha bonita ficha sobre el e decidimos construir cousas da súa cultura.Así pintamos un TOTEM, que é unha escultura de madeira con formas de animais porque os indios aman a Natureza.
Entre a profe Ana e a profe Belén fixeron unha canoa de cartón e dixéronnos aos nenos do lazo vermello e a nós, que fixéramos debuxos relacionados cos indios para decorala.Entre os dous grupos deixámola preciosa.
Aprendimos palabras novas e o seu significado como: tomahawk, pipa da paz , tatanka(que é como lle chaman os indios aos búfalos), mustang(que é a raza de cabalos que montan os indios) e tipi(a casa dos indios).Destos últimos cada un o seu ainda que en miniatura.
A profe nos contou que os nomes dos indios son moi diferentes aos nosos i en internet atopamos un montón de nomes indios e escollimos un para cada un, a verdade e que son un pouco difíciles pero significan cousas moi bonitas o moi divertidas, así na nosa clase había: Arco Iris, Lobo Negro, Cervatillo Xoven, O que non se ata, Osiño que Bailotea, Pequena Estrela, Paloma Blanca, A Primeira en Danzar…Despois coloreamos unha ficha na que aparecíamos nós vestidos de indios e claro xa éramos unha tribu e decidimos chamarnos a Tribu Cara Pintada.
E, por suposto témos a nosa canción:
Un día a profe disfrazou a Papelote de indio,a que está guapo?
i entón xa decidimos convertirnos en verdadeiros indios; fixemos o noso tocado de prumas e un vestido indio indio, de verdade, pintamos as caras como correspondía ao nome da nosa tribu e fumos a sentarnos onde o noso totem.
E xa postos, tíñamos que probar a nosa canoa india
Como podedes ver, pasámolo moi ben e aprendimos moitas cousas.Para o próximo curso queremos seguir traballando desta forma.
¡Aviso,papis! De case todos os temas que se publican neste blog, a profe ten máis fotos que non ten forma de subilas todas, pero cando rematemos o ciclo de infantil hanos pedir un CD a cada un e gravarnos todas as fotos que teñamos feitas en todo o ciclo.
HAU!