❌CANCELADA LIMPEZA DE LIXO!!

 Infórmase que debido as inclemencias metereolóxicas previstas para o próximo sábado 27 de Abril queda cancelada a limpeza de lixo nos fondos mariños de bouzas. 

 Próximamente comunicaremos a nova data do evento.

 Moitas grazas pola boa acollida da actividade e esperamos impacientes a chegada do bó tempo para poder organizala.

 
 

Previsión metereolóxica, Sábado, 27 Abril.

Lluvia moderada con cielo parcialmente nubosoChoiva moderada con ceo parcialmente nuboso
14°
CalmaNoroeste 17 – 46 km/h
Probabilidade 90%

Puesta a punto!!

 A Asociación de mariñeiros de Bouzas, grazas a os socios e voluntarios, a os que temos que agradecer enormemente a súa axuda, estamos ultimando os traballos de mantenemento e posta a punto das embarcacións tradicionais para a tempada 2024.

Os seguiremos informando de tódo-los avances.

 Dende a asociación animamos aos nosos socios a desfrutar desta navegación sinxela e tradicional.

 

LIMPEZA DE LIXO MARIÑO NOS FONDOS DE BOUZAS

 A Asociación de Mariñeiros Artesanais de Bouzas invítaos a recollida de lixo nos fondos   de Bouzas , o Sábado 27 de abril de 9:15 a 14:00.

 O problema ambiental que supoñen os residuos que chegan ao mar convócavos por segundo ano consecutivo á recollida de lixo nos fondos de Bouzas co fin de manter os espazos naturais libres de lixo.  Os residuos sólidos que chegan á nosa ría ocasionan a morte de peixes e prantas , altera os ecosistemas, poñendo asi en perigo a multitude de especies que temos na nosa ría e ademais leva os restos de lixo cara ás nosas praias.

 O lixo que ameaza ao noso  ecosistema mariño procede de varias fontes como os ríos, as verteduras e as artes de pesca abandonadas. Aínda que os residuos mais habituais son os plásticos, as toalliñas húmidas e as cabichas.

Esta campaña de recollida de residuos ten como obxectivo profundar no coñecemento dos residuos abandonados que se atopan nas contornas da costa, praias e fondos mariños.

Así mesmo, esta actividade tamén busca incrementar a obtención de datos e compartilos con institucións académicas e organismos gobernamentais, contribuíndo ao desenvolvemento dun movemento social que avogue por mares libres de residuos.

 Ademais dá Fundacion Abanca proyecto Placton, esta iniciativa se desenrolará en colaboración con outras entidades como a Cofradía de pescadores de Vigo e o Liceo Maritimo de Bouzas participando tamén o Concello de Vigo ,a Autoridad Portuaria de Vigo, o Fegas, e Proteccion Civil.

  Onde? En Bouzas. A limpeza comprenderá dende a praia ata o museo do mar . Despois faremos unha selección de residuos , unha pesada dos mesmos e posterior traslado para a súa reciclaxe.

 Que levar? Protección solar e auga para hidratarse.

 Canto costa? Nada. Os materiais achégaos a organización.

 Contamos con todo@s vós para a limpeza do noso fondo mariño!! Traede os vosos peques!! Pasaredes  unha boa mañá e aportaremos o noso graniño de area para a conservación do noso ecosistema mariño!

 

SUBVENCIÓNS DEPUTACION DE PONTEVEDRA

Agradecemos á Deputación de Pontevedra o interés mostrado na recuperación e posta en valor do noso patrimonio marítimo-fluvial. Tal interés reflíctese na subvención concedida á nosa Asociación por importe de 14,928,17 €; grazas a este investimento, a nosa dorna “A Falucheira” conta xa cun motor intraborda. Os nosos socios non dependerán xa das condicións do vento nos desprazamentos necesarios para acudir aos eventos relacionados coas embarcacións tradicionais.

XV REGATA DE DORNAS A VELA EN PORTO MELOXO.

O pasado sábado día 30 de setembro asistimos a XV regata de dornas a vela en Porto Meloxo. Cun ambiente espectacular e moita participación iniciamos a regata coa nosa ” Madorniña” en aguas de O Grove partindo de dito porto para dar unha volta o circuito ainda que o final por mor do escasísimo vento reinante apenas se pudo completar pola maioria dos participantes. Ainda así puidemos disfrutar dun entorno idílico ademais dun ambiente e compañerismo excelente. O rematar fixose a correspondente entrega de premios e agasallos así como unha boa merenda pra retomar forzas e voltar.