O MIT desenvolve robots aéreos intelixentes

investigadores_mit_robots_aereos.jpg
Os estudantes do MIT Brett Bethke e Mario Valenti observan un dos catro robots aéreos. Foto: Donna Coveney

O exército norteamericano leva tempo empregando pequenos aparellos aéreos que espían unha zona antes de que os soldados se despracen a ela, pero obviamente cada pequeno vehículo aéreo precisaba dun operador por terra. Pero a través de Boeing, están a financiar un proxecto no MIT que desenvolve pequenos robots intelixentes voantes, destinados a tarefas de vixilancia e seguemento de obxectivos. Estes cacharros cooperan entre eles, intercambian información e se substitúen automaticamente cando un deles sufre danos. O obxectivo da investigación é a “persistencia”. Segundo John Vian, un investigador de Boeing que está colaborando co equipo do MIT no desenvolvemento do proxecto, “temos que manter os vehículos no aire moito tempo. A persistencia require autosuficiencia. Non queremos a 40 persoas no chan operando a 10 vehículos. O obxectivo final é evitar mesmo a un operador de vo”.

Estes robots voadores están dotados de sensores de movemento, visión e recoñecemento, e identifícanse no aire entre eles, traballando de xeito cooperativo. Non é difícil imaxinarse as aplicacións prácticas desta tecnoloxía. Para comprendelas ben, podes ver estes vídeos. No primeiro, un robot voador segue a un obxectivo móbil (un coche):

E, neste segundo, segue a un coche pero actuando de xeito coordinado con outro robot.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará