Unha nova ollada sobre os Régoa

Con poucos viños me ten pasado que teña percibido tantas diferencias entre anada e anada. O Régoa 2007 para min foi un Amandi que me resultaba non demasiado equilibrado, se cadra cunha acidez demasiado elevada no momento do consumo, ou se cadra era o meu propio gusto. Pero agora levo un par de meses probando en diferentes momentos e contextos a anada 2008 do Régoa, e paréceme estupendo. O 2008 é un viño moito máis redondo, máis floral, saboroso, doado de beber, cos toques frescos dos amandis, as notas minerais das encostas da Ribeira Sacra… todo está aí ben calibrado. É un viño rico, divertido, para disfrutar cos amigos, porque ademáis o prezo é bastante razoable (8/9 euros?). Ademáis, acabo de probar a súa gama alta, o Régoa TN 2008. Mencía pasado por barrica nova, que promete moito. Por agora saca demasiadas notas de madeira, a vainilla está moi presente, pero dentro de tres ou catro meses, cando o viño redondee un pouco máis, estará fantástico.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará